29 Sep CLIMILLAT chega as aulas para concienciar sobre o cambio climático nas Illas Atlánticas e a súa área de influencia

CLIMILLAT – 2021

CLIMILLAT chega as aulas para concienciar sobre o cambio climático nas Illas Atlánticas e a súa área de influencia

A realidade do cambio climático no Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia e os concellos da súa área de influencia será materia de interese durante o mes de octubro para o alumnado de 1º e 2º de Bacharelato dos centros de ensino público destos concellos. A Fundación Matrix levará os resultados do proxecto CLIMILLAT as aulas grazas ao apoio da Xunta de Galicia. O fin es concienciar os e as estudantes da importancia do seguemento ambiental para conservar o noso patrimonio natural e as actividades humanas.

O cambio climático é unha realidade incuestionable, e os espazos protexidos son excelentes observatorios para o seguemento do cambio global.

Esta realidade afectará directamente as seguintes xeracións, por iso, é importante concienciar a xuventude, e fomentar neles comportamentos respetuosos e sostibles co medio ambiente e reduzcan as emisións de CO2.

Conscientes da importancia do compromiso da mocidade co medio ambiente, a Fundación Matrix levará aos colexios e institutos de Bueu, Ribeira, Vilagarcía de Arousa e Vigo os resultados obtidos no proxecto CLIMILLAT, subvencionado pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e a Red de Parques Nacionales.

CLIMILLAT compartirá de primeira man cos mozos e mozas os resultados do estudo do cambio climático recente no Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia e a súa área de influencia socioeconómica, unha investigación pioneira en este territorio.

O seguemento do cambio climático na Rede de Parques Nacionais é particularmente importante porque este fenómeno xa está a modificar as condicións ambientais dos seus hábitats, a abundancia de especies biolóxicas e afectando aos servizos dos ecosistemas.

Co fin de facilitar a comprensión sobre o alcance do fenómeno do cambio climático acontecido nesta zona, a Fundación Matrix promoverá durante o mes de outubro charlas telemáticas dirixidas a estudantes de 1º e/ou 2º de Bacharelato. A actividade é gratuita e está aberta a todos os centros de ensino público de Bueu, Ribeira, Villagarcía de Arousa e Vigo.

Información e inscricións

A participación nesta actividade, que se desenvolve en horario lectivo, é completamente gratuíta para os centro de ensino público que o soliciten segundo o número de centros posibles na planificación feita. O prazo de inscricións permanecerá aberto todo o mes de octubre.

Os centros de ensino só teñen que dirixir a súa solicitude de inscrición ao buzón: educacion@fundacionmatrix.es indicando a seguinte información:

  • Nome do centro educativo
  • Nome do/a docente responsable
  • Niveis (1º e/o 2 de Bacharelato) e número de alumnos
  • Preferencia horaria: Primeira quenda (a clase antes do recreo) ou segunda quenda (a clase despois do recreo).
    Descarga el Flyer pinchando sobre la imagen

    Descarga o Flyer facendo ‘click’ sobre a imaxe. 

Sin Comentarios

Publica un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, clicar el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies