• Un estudio da Fundación Matrix coa colaboración da Deputación da Coruña analizou os datos dos distintos concellos nos últimos 60 anos como parte do proxecto CLIMACO, que estuda o fenómeno do cambio climático recente na provincia da Coruña
• O proxecto inclúe a impartición de charlas de concienciación como actividade nos centros de ensino público da Coruña que o soliciten
• A iniciativa busca fomentar na xente nova actitudes que favorezan a protección ambiental e a promoción de comportamentos sostibles