17 Dic O cambio climático chega aos centros educativos da provincia da Coruña
CLIMACO
O cambio climático chega este trimestre aos centros educativos da provincia da Coruña
A diagnose do clima actual e o coñecemento do cambio climático recente na provincia da Coruña será materia do segundo trimestre deste curso 20-21 para o alumnado de 3º e 4º curso da ESO dos centros de ensino públicos. O proxecto CLIMACO chega aos institutos para dar a coñecer de primeira man os resultados dunha investigación pioneira no noso país, grazas ao apoio da Deputación da Coruña.
A necesidade de adaptación da poboación ao cambio climático é unha realidade que tamén afecta á poboación xuvenil. A Deputación da Coruña, consciente da importancia deste asunto, promove o proxecto CLIMACO nesta provincia para facilitar o coñecemento e a sensibilización necesaria xa dende as aulas.
Coa fin de facilitar a comprensión sobre o alcance do fenómeno do cambio climático aos mozos e mozas da provincia da Coruña, a Fundación Matrix levará a cabo no segundo trimestre do curso 20-21 esta actividade de carácter totalmente gratuíto nos institutos de ensino secundario que así o soliciten.
Así, o investigador responsable do proxecto CLIMACO, Alberto González, impartirá unha charla divulgativa para alumnado de 3º e 4º curso da E.S.O. e a Fundación Matrix ofrecerá ademáis a posibilidade de que as rapazas e rapaces participen con él nun coloquio online en directo.
Información e inscricións
A participación nesta actividade, que se desenvolve en horario lectivo, é completamente gratuíta. O prazo de inscricións permanece aberto dende xaneiro e os centros de ensino secundario só teñen que dirixir a súa solicitude de inscrición ao buzón educacion@fundacionmatrix.es indicando:
- Nome do centro educativo
- Nome do/a docente responsable
- Niveis (3º e/ou 4º da E.S.O.) e número de alumnos
- Preferencia horaria: primeira quenda (a clase antes do recreo) ou segunda quenda (a clase despois do recreo)
Para garantir a seguridade na situación de alerta pola COVID-19, a Fundación Matrix desenvolverá todas as actividades de xeito telemático, tratando de facilitar ao máximo o encadre nas axendas escolares conforme á programación dos distintos centros.
Compromiso social e contribución aos ODS
A Fundación Matrix lidera e desenvolve a investigación do cambio climático en Galicia cun proxecto pioneiro como CLIMACO, amosando o seu su firme compromiso cos Objetivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) de Nacións Unidas, concretamente o ODS 13, Acción polo Clima e o ODS 3, Saúde e benestar social, coñecida a vulnerabilidade da poboación humana ao cambio climático.
O proxecto CLIMACO aborda a problemática do cambio climático na provincia da Coruña froito dunha investigación pioneira en España e co apoio da DEPUTACIÓN DA CORUÑA.
Contido actualizado: 01/02/20
Sin Comentarios