07 Mar A FUNDACIÓN MATRIX CREA 25 POSTOS DE TRABALLO PARA ACTIVIDADES DE I+D+i

A FUNDACIÓN MATRIX CREA 25 POSTOS DE TRABALLO PARA ACTIVIDADES DE I+D+i

A Fundación Matrix, Investigación y Desarrollo Sostenible contratará no mes de marzo diferentes perfís de investigación e técnicos, como entidade beneficiaria do Programa INVESTIGO da Xunta de Galicia, financiado pola Unión Europea – Next  Generation EU.

Mozos e mozas galegos con perfís de diferentes disciplinas beneficiaranse desta axuda, que permite á Fundación Matrix apoiar o talento científico, tecnolóxico e técnico mellorando as oportunidades laborais da mocidade galega. Prazo de inscripción AMPLIADO: ata o martes 26 de abril de 2022.

A Fundación Matrix, Investigación y Desarrollo Sostenible incorpora talento científico. Lanza un proceso de selección sen precedentes para a contratación de 25 persoas que queiran dirixir ou continuar a súa carreira profesional no ámbito da investigación científica e innovación, como entidade colaboradora e beneficiaria do Programa INVESTIGO, no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia da Xunta de Galicia financiado pola Unión Europea – Next Generation EU.

Esta convocatoria ten coma obxectivo contratar persoas mozas interesadas en participar en proxectos de I+D+i, facilitando a súa inserción no mercado laboral e contribuíndo a incrementar a competitividade da investigación e a innovación en Galicia.

Trátase dunha excelente oportunidade para mozos e mozas con formación nas disciplinas asociadas as áreas Data Science, economía verde, transición ecolóxica ou áreas sociais.

A través deste Programa, a Fundación Matrix incorpora especialistas para traballar en proxectos transdisciplinares que uniranse ás diferentes áreas do Departamento da I+D+i en base as competencias do cadro seguinte.

ÁREAS DE INVESTIGACIÓN E COMPETENCIAS

 

A Fundación Matrix é una organización sen ánimo de lucro, con 15 anos de experiencia en investigación e desenvolvemento sostible que conta con instalacións no Campus As Lagoas-Marcosende da Universidade de Vigo. Colabora nesta iniciativa permitindo as persoas beneficiarias adquirir e completar unha especialización en áreas científicas de alta relevancia ambiental, social e tecnolóxica que responden a retos actuais da nosa sociedade e nos que actualmente se atopa traballando.

CARACTERÍSTICAS DOS EMPREGOS E LIÑAS DE INVESTIGACIÓN

Os contratos terán unha duración de 12 meses e valoranrase unha o máis competencias nunha ou máis Áreas de Investigación das mencionadas no cadro previo. Será valorable a experiencia na elaboración de resultados, artigos científicos e informes que poderan incluírse como experiencia acreditada no CV.

O salario é moi atractivo e equiparable á maioría dos contratos ao dunha persoa cun nivel de doutoramento nunha universidade.

Os perfís seleccionados sumarán valor e xuventude ás liñas de investigación que a Fundación desenvolverá a través de diferentes proxectos en Galicia. Tales como o desenvolvemento de aplicacións xeoespaciais de computación na nube; cartografía do cambio climático e adaptación; cartografía, avaliación e seguimento ecolóxico de espazos naturais protexidos; estudos de lonxevidade e calidade de vida das persoas maiores, e cartografía e avaliación de brechas laborais de xénero, entre outros.

Con esta iniciativa búscase incentivar a vocación na investigación entre a xuventude con talento científico e compromiso co desenvolvemento sostible na sociedade en todos os seus ámbitos.

REQUISITOS DE ACCESO AO PROCESO DE SELECCIÓN

Para poder participar no proceso de selección, principalmente dirixido a persoas mozas en desemprego débense cumprir os seguintes requisitos:

  • Ter menos de 30 anos
  • Posuir algunha titulación ou formación asociada as ramas de Matemáticas, Estatística, Enxeñería Informática, Xeografía, Ciencias Ambientais, Física, Bioloxía, Enxeñería de Montes, Enxeñería Agronómica, Enxeñería de Minas, Socioloxía, Psicoloxía, Medicina ou Traballo Social, entre outras acordes as áreas de investigación mencionadas
  • Estar dado de alta no Servizo Público de Emprego de Galicia (SPEG) como demandante de emprego
  • Ter actualizada e certificada titulación ou formación asociada no SPEG

 

ÚNETE AO NOSO EQUIPO

As persoas interesadas poden inscribirse a través do Portal Emprego Galicia ou no Servizo Público de Emprego de Galicia.

No portal EMPLÉATE : Portal Único de Empleo (SEPE) a través das seguintes ligazóns: Investigación área ambiental e cartografía, Investigación en área da data science, Investigación en área social, Técnico para realización de enquisas sociais.

Tamén poden escribir directamente ao correo-e: empleo@fundacionmatrix.es indicando no asunto: PROGRAMA INVESTIGO. CONVOCATORIA 2022, e engadindo o CV en modalidade cega. 

Únicamente avaliaranse as mensaxes de correo-e e CV que cumpran este criterio, garantindo o principio de non discriminación no proceso de selección.  Prazo de inscripción ata o 26 de abril de 2022.

Con esta iniciativa, a Fundación Matrix busca incentivar na xuventude con talento científico o compromiso co benestar social e desenvolvemento sostible da sociedade, así como mellorar as oportunidades laborais da mocidade galega e contribuír ao impulso da investigación e innovación en Galicia.

Difusión de oferta de emprego

Sin Comentarios

Publica un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, clicar el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies