09 Mar A FUNDACIÓN MATRIX CREA 6 POSTOS DE TRABALLO PARA ACTIVIDADES DE I+D+i
A FUNDACIÓN MATRIX CREA 6 POSTOS DE TRABALLO PARA ACTIVIDADES DE I+D+i
A Fundación Matrix, Investigación y Desarrollo Sostenible contratará no mes de marzo de 2023 diferentes perfís de investigación, como entidade beneficiaria do Programa INVESTIGO da Xunta de Galicia, financiado pola Unión Europea – Next Generation EU. Mozos e mozas con especialidades en diferentes disciplinas beneficiaranse desta axuda, que permite á Fundación Matrix continúar o seú apoio o talento científico, tecnolóxico e técnico mellorando as oportunidades laborais da mocidade galega. Prazo de inscripción para a selección: ata o mércores 29 de marzo de 2023.
A Fundación Matrix, Investigación y Desarrollo Sostenible incorpora talento científico. Lanza un proceso de selección para a contratación de 6 persoas que queiran dirixir ou continuar a súa carreira profesional no ámbito da investigación científica e innovación, como entidade beneficiaria do Programa INVESTIGO, no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia da Xunta de Galicia financiado pola Unión Europea – Next Generation EU.
Esta convocatoria ten coma obxectivo contratar persoas mozas interesadas en participar en proxectos de I+D+i, facilitando a súa inserción no mercado laboral e contribuíndo a incrementar a competitividade da investigación e a innovación en Galicia.
Trátase dunha excelente oportunidade para mozos e mozas con formación nas disciplinas asociadas as áreas economía verde, transición ecolóxica, enxeñaria de datos ou áreas sociais.
A través deste Programa, a Fundación Matrix incorpora especialistas para traballar en proxectos transdisciplinares que uniranse ás diferentes áreas de I+D+i.
ÁREAS DE INVESTIGACIÓN E COMPETENCIAS
A Fundación Matrix é una organización sen ánimo de lucro, con máis de 15 anos de experiencia en investigación e desenvolvemento sostible que conta con instalacións no Campus As Lagoas-Marcosende da Universidade de Vigo. Colabora nesta iniciativa permitindo as persoas beneficiarias adquirir e completar unha especialización en áreas científicas de alta relevancia ambiental, social e tecnolóxica que responden a retos actuais da nosa sociedade e nos que actualmente se atopa traballando.
CARACTERÍSTICAS DOS EMPREGOS E LIÑAS DE INVESTIGACIÓN
Os contratos terán unha duración de 12 meses e valoranrase unha o máis competencias de Investigación das mencionadas. Será valorable a experiencia na elaboración de resultados, artigos científicos e informes que poderan incluírse como experiencia acreditada no CV.
As persoas seleccionadas sumarán valor e xuventude ás liñas de investigación que a Fundación desenvolverá a través de diferentes proxectos en Galicia (Proxecto AGRIECO, Programa MAYORSIG). Tales como o desenvolvemento de aplicacións xeoespaciais de teledetección para a avaliación microclimática; cartografía do cambio climático e adaptación; avaliación da biodiversidade e seguimento da produción ecolóxica; alimentación saúdable e sostible; cartografía e estudos de lonxevidade e calidade de vida das persoas maiores, entre outros.
Con esta iniciativa búscase incentivar a vocación na investigación entre a xuventude con talento científico e compromiso co desenvolvemento sostible na sociedade en todos os seus ámbitos.
REQUISITOS DE ACCESO AO PROCESO DE SELECCIÓN
Para poder participar no proceso de selección, principalmente dirixido a persoas mozas en desemprego débense cumprir os seguintes requisitos:
- Ter menos de 30 anos
- Posuir algunha titulación ou formación asociada as ramas de Matemáticas, Estatística, Enxeñería Informática, Física, Xeografía, Ciencias Ambientais, Física, Bioloxía, Enxeñería de Montes, Enxeñería Agronómica, Enxeñería de Minas, Socioloxía, Medicina, Educación Social ou Traballo Social, entre outras acordes as áreas de investigación mencionadas
- Estar dado de alta no Servizo Público de Emprego de Galicia (SPEG) como demandante de emprego
- Ter actualizada e certificada titulación ou formación asociada no SPEG
ÚNETE AO NOSO EQUIPO
As persoas interesadas poden inscribirse a través do Portal Emprego Galicia ou no Servizo Público de Emprego de Galicia.
Tamén poden escribir directamente ao correo-e: empleo@fundacionmatrix.es indicando no asunto: PROGRAMA INVESTIGO. CONVOCATORIA 2023, e engadindo o CV en modalidade cega.
Únicamente avaliaranse as mensaxes de correo-e e CV que cumpran este criterio, garantindo o principio de non discriminación no proceso de selección. Prazo de inscripción ata o 29 de marzo de 2023.
Con esta iniciativa, a Fundación Matrix busca incentivar na xuventude con talento científico o compromiso co benestar social e desenvolvemento sostible da sociedade, así como mellorar as oportunidades laborais da mocidade galega e contribuír ao impulso da investigación e innovación en Galicia.
Convocatoria do Programa INVESTIGO da Fundación Matrix de 2023
Crece o equipo de I+D+i da Fundación Matrix co talento novo de 25 persoas
Sin Comentarios