27 Sep O cambio climático volta este trimestre aos centros educativos da provincia da Coruña

CLIMACO – 2022

O cambio climático volta este trimestre aos centros educativos da provincia da Coruña

 

A diagnose do clima actual e o coñecemento do cambio climático recente na provincia da Coruña será materia do primeiro trimestre deste curso 22-23 para o alumnado de 3º e 4º da ESO dos centros de ensino coruñeses. O proxecto CLIMACO chega aos centros de Educación Secundaria Obrigatoria para dar a coñecer de primeira man os resultados dunha investigación pioneira no noso país, grazas ao apoio da Deputación da Coruña.

 

 

A necesidade de adaptación da poboación ao cambio climático é unha realidade que tamén afecta á poboación xuvenil. A Deputación da Coruña, consciente da importancia deste asunto, promove a terceira edición do proxecto CLIMACO nesta provincia para facilitar o coñecemento e a sensibilización necesaria xa dende as aulas. No curso 20/21, preto de 1.500 alumnos de ESO beneficiáronse deste proxecto, e durante o curso 21/22 preto de 500 alumnos de bacharelato.

Na Fase 3 do proxecto CLIMACO ampliarase o Atlas do Clima e o Atlas do cambio climático recente da provincia da Coruña, entre outras actividades.

Coa fin de facilitar a comprensión sobre o alcance do fenómeno do cambio climático aos mozos e mozas da provincia da Coruña, a Fundación Matrix levará a cabo no primeiro trimestre do curso 22-23 esta actividade de carácter totalmente gratuíto nos centros que así o soliciten.

Así, un dos investigadores responsables do proxecto CLIMACO impartirá unha charla divulgativa para alumnado de 3º e 4º de ESO, e a Fundación Matrix ofrecerá ademais a posibilidade de que as rapazas e rapaces participen con él nun coloquio en directo.

 

Información e inscricións

A participación nesta actividade, que se desenvolve en horario lectivo, é completamente gratuíta. A actividade terá dúas modalidades posibles, online (mediante plataformas de videoconferencia) ou presencial. O prazo de inscricións permanece aberto dende setembro e os centros de ensino só teñen que dirixir a súa solicitude de inscrición ao buzón educacion@fundacionmatrix.es indicando:

  • Nome do centro educativo
  • Nome do/a docente responsable
  • Niveis (3º e 4º de ESO) e número de alumnos
  • Preferencia horaria: primeira quenda (a clase antes do recreo) ou segunda quenda (a clase despois do recreo)
  • Modalidade: online ou presencial

 

Compromiso social e contribución aos ODS

A Fundación Matrix lidera e desenvolve a investigación do cambio climático en Galicia cun proxecto pioneiro como CLIMACO, amosando en particular o seu firme compromiso cos Objetivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) de Nacións Unidas, concretamente o ODS 13, Acción polo Clima e o ODS 4, Educación de calidade, coñecida a vulnerabilidade da poboación humana ao cambio climático.

O proxecto CLIMACO – 2022 aborda a problemática do cambio climático na provincia da Coruña froito dunha investigación pioneira en España e co apoio da DEPUTACIÓN DA CORUÑA.

Sin Comentarios

Publica un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, clicar el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies