01 Sep A igualdade de xénero no emprego en Galicia: Diagnose en Vigo

BRELA-GALICIA

A igualdade de xénero no emprego en Galicia: Diagnose en Vigo

 

Coñecer a igualdade no ámbito laboral é visibilizar as brechas de xénero no emprego existentes no Concello de Vigo serán actividades de investigación e sensibilización en centros de ensino e no ámbito das empresas. O  Programa de investigación aplicada BRELA-Vigo examina a desigualdade na contratación de mulleres e homes en diferentes sectores de actividade económica e súa evolución temporal, grazas ao apoio do Concello de Vigo, a través da súa Concellería de Igualdade.

 

Promover a igualdade no ámbito laboral é un obxectivo beneficioso para toda a poboación. As empresas con máis igualdade son máis competitivas e teñen unha mellor conta de resultados e imaxe.  A Concellería de Igualdade da Administración municipal de Vigo, consciente da importancia de investigar e xerar unha diagnose sobre a situación das mulleres no ámbito laboral, promove o Programa BRELA-Vigo para obter un coñecemento actual de utilidade para a sensibilización social.

Favorece así a diminución da segregación horizontal no mercado de traballo, potenciando a diversificación das opcións profesionais das mulleres e a igualdade no acceso ao emprego.

Esta iniciativa pioneira e piloto enmárcase nunha máis ampla a nivel autonómico, o Programa BRELA-Galicia (BRELA-Gal), que impulsa o coñecemento e difusión da heteroxeneidade das brechas de xénero no ámbito laboral e os seus factores subxacentes a nivel local na Comunidade Autónoma de Galicia.

A Fundación Matrix ten experiencia en investigación e promoción da igualdade laboral en Castela-A Mancha, tanto no ámbito do desemprego, do emprego como no asesoramento e impulso de plans de igualdade das empresas.

Coa fin de facilitar a comprensión do alcance da desigualdade de xénero no acceso ao emprego, en xeral e nos principais sectores de actividades económica, e cuantificar mediante indicadores apropiados as brechas de xénero no Concello de Vigo, a Fundación Matrix levará a cabo análisis dun número moi elevado de contratos en 2021 e das tendencias temporais observadas na última década. Exploraranse as diferenzas segundo os tipos de contrato e por sectores de actividade económica (Primario, Servizos, Industria e Construción) e algunas das ramas de actividade máis representativas.

A finalidade é obter unha diagnose rigorosa e actualizada da situación de desigualdade laboral no concello con máis puxanza económica de toda Galicia. Mediante accións de difusión e charlas divulgativas nos centros de ensino e no ámbito das empresas.

A Constitución española subliña a igualdade ante a lei “sen que prevaleza ningunha discriminación por razón de nacemento, raza, sexo, relixión, opinión ou calquera outra condición ou circunstancia persoal ou social” (art. 14). A igualdade debe ser real e efectiva, permitindo a cidadanía participar no ámbito económico e doutro tipo (art. 9.2).

A Lei orgánica 3/2007 para a igualdade efectiva de mulleres e homes incorpora ao ordenamento xurídico español a Directiva 2002/73/CE, pola que se reforma a Directiva 76/207/CEE, relativa á aplicación do principio de igualdade de trato entre homes e mulleres no acceso ao emprego, á formación e á promoción profesional, e condicións de traballo. O principio de igualdade supón “a ausencia de toda discriminación, directa ou indirecta, por razón de sexo” (art. 3). Hai igualdade nos máis de 140.000 contratos asinados en 2021 en Vigo?

Compromiso social e contribución aos ODS

A Fundación Matrix lidera e desenvolve a investigación da igualdade laboral en Galicia cun Programa pioneiro como BRELA-Gal, amosando o seu su firme compromiso cos Objetivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) de Nacións Unidas, concretamente o ODS 5, Igualdade de xénero, o ODS 8, Emprego e traballo decente e crecemento económico inclusivo e sostible, e ODS 10. Redución das desigualdades.

O Programa BRELA-Vigo aborda a problemática da desigualdade de xénero no ámbito laboral no Concello de Vigo, froito dunha investigación pioneira e co apoio da Concellería de Igualdade e do Programa INVESTIGO, no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia da Xunta de Galicia financiado pola Unión Europea – Next Generation EU.

Sin Comentarios

Publica un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, clicar el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies