13 Sep O cambio climático chega este trimestre aos centros educativos da provincia da Coruña

CLIMACO – 2021

O cambio climático chega este trimestre aos centros educativos da provincia da Coruña

 

A diagnose do clima actual e o coñecemento do cambio climático recente na provincia da Coruña será materia do segundo trimestre deste curso 21-22 para o alumnado de 1º ou 2º curso de Bacharelato dos centros de ensino públicos. O proxecto CLIMACO chega aos institutos para dar a coñecer de primeira man os resultados dunha investigación pioneira no noso país, grazas ao apoio da Deputación da Coruña.

 

 

A necesidade de adaptación da poboación ao cambio climático é unha realidade que tamén afecta á poboación xuvenil. A Deputación da Coruña, consciente da importancia deste asunto, promove a segunda edición do proxecto CLIMACO nesta provincia para facilitar o coñecemento e a sensibilización necesaria xa dende as aulas. No curso 20/21, preto de 1.500 adolescentes beneficiáronse deste proxecto.

Na Fase 2 do proxecto CLIMACO ampliarase o Atlas do Clima e o Atlas do cambio climático recente da provincia da Coruña, entre outras actividades.

Coa fin de facilitar a comprensión sobre o alcance do fenómeno do cambio climático aos mozos e mozas da provincia da Coruña, a Fundación Matrix levará a cabo no primeiro trimestre do curso 21-22 esta actividade de carácter totalmente gratuíto nos centros que así o soliciten.

Así, o investigador responsable do proxecto CLIMACO, Alberto González, impartirá unha charla divulgativa para alumnado de 1º e 2º de Bacharelato, e a Fundación Matrix ofrecerá ademáis a posibilidade de que as rapazas e rapaces participen con él nun coloquio online en directo.

Información e inscricións

A participación nesta actividade, que se desenvolve en horario lectivo, é completamente gratuíta. O prazo de inscricións permanece aberto dende setembro e os centros de ensino só teñen que dirixir a súa solicitude de inscrición ao buzón educacion@fundacionmatrix.es indicando:

  • Nome do centro educativo
  • Nome do/a docente responsable
  • Niveis (1º e 2 de Bacharelato) e número de alumnos
  • Preferencia horaria: primeira quenda (a clase antes do recreo) ou segunda quenda (a clase despois do recreo)

 

Para garantir a seguridade na situación de alerta pola COVID-19, a Fundación Matrix desenvolverá todas as actividades de xeito telemático, tratando de facilitar ao máximo o encadre nas axendas escolares conforme á programación dos distintos centros.

Compromiso social e contribución aos ODS

A Fundación Matrix lidera e desenvolve a investigación do cambio climático en Galicia cun proxecto pioneiro como CLIMACO, amosando en particular o seu su firme compromiso cos Objetivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) de Nacións Unidas, concretamente o ODS 13, Acción polo Clima e o ODS 3, Saúde e benestar social, coñecida a vulnerabilidade da poboación humana ao cambio climático.

O proxecto CLIMACO – 2021 aborda a problemática do cambio climático na provincia da Coruña froito dunha investigación pioneira en España e co apoio da DEPUTACIÓN DA CORUÑA.

Contido actualizado: 16/09/21

Artigos divulgativos:

Cambio climático recente na provincia da Coruña

Clima actual da provincia da Coruña

 

 

 

Sin Comentarios

Publica un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, clicar el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies