27 May A revolta do millo

A revolta do millo

Iniciamos unha revolta pacífica da man do cultivo do millo e o seu estudo empírico. Rebelámonos contra as leiras abandonadas e a paisaxe despoboada e improductiva. Resistímonos á progresiva desaparición da agricultura e a perda da cultura rural en moitas áreas de Galicia. Defendemos unha forma de produción ecolóxica de alimentos, respectuosa coa natureza. Impulsamos a produción e o consumo do millo en todas as súas formas saudables. Queremos recuperar e valorar as variedades locais de millo e gozar a calidade e o sabor dos alimentos tradicionais derivados do millo. Traballamos para aproveitar un campo de oportunidades. Dar unha volta á terra é un labor necesario para sementar e colleitar millo e éxitos, para o desenvolvemento rural e un futuro sostible.

 

Case 30 mozas e mozos compoñentes do persoal da Fundación Matrix, participaron nunha sementeira colectiva e cooperativa de millo na Aldea de Meiro, no municipio pontevedrés de Bueu, na segunda quincena de maio de 2022. Proceden de diferentes Áreas, desde Administración a I+D, e posúen distintas especialidades profesionais, incluíndo as recentes incorporacións do Programa INVESTIGO.

A actividade realizouse con tres obxectivos. En primeiro lugar, un obxectivo laboral, para promover a interacción, integración e cohesión grupal mediante unha actividade ao aire libre, gratificante e que require pouco esforzo físico, realizada grazas a unha participación colectiva. En segundo lugar, un obxectivo formativo e de I+D. A sementeira forma parte do proxecto de investigación AGRIECO, que promove o desenvolvemento rural sostible a través da produción ecolóxica de millo. Realizouse coa variedade local millo corvo, caracterizada por mazorcas con grans de cor negra. En terceiro lugar, un obxectivo cultural e identitario: participar nun labor tradicional do campo galego, conectar coas raíces e o patrimonio etnográfico e inmaterial.

Fonte: Turismo de Rías Baixas

Sonia García, Xerente da Fundación Matrix, considera que é fundamental promover unha aprendizaxe colaborativa e un coñecemento das actividades da organización por todo o persoal. Só así “conseguiremos unha implicación efectiva, unha cooperación esencial necesaria para o éxito dos fins de I+D, ambientais e sociais e a satisfacción de todo o persoal”. É “moi importante segundo o noso Sistema de Xestión de Calidade”, engade.

Así, nunha pequena parcela agrícola de Meiro, unha superficie chaira duns 600 m2, cedida de forma desinteresada pola súa propietaria, Fita Portela, tras moitos anos sen cultivar, visualizouse a revolta do millo que conleva o proxecto AGRIECO. A terra estaba preparada para a sementeira, solta e húmida. Baixo as instrucións coidadosas de Javier Montalvo, Profesor de Ecoloxía da Universidade de Vigo e Director da Fundación Matrix, o equipo sementou unha a unha case 2.000 sementes de millo. Mentres, Joaquín Alonso, Enxeñeiro Agrónomo, voaba o dron de Matrix sobre a área de sementeira, rexistrando con belas fotografías aéreas esta actividade.

Previamente establecéronse fileiras ou liñas de sementeira mediante cordas marcadas definían a distancia apropiada entre puntos de sementa. Unha persoa ahoyaba, outra colocaba o gran, e unha terceira cubría con terra. Con coidado, esmero, case mimo. Coidando á terra que nos dá para comer. E con respecto ao medio ambiente. A produción de millo será ecolóxica, sen usar herbicidas, insecticidas nin fertilizantes inorgánicos.

José Antonio Portela, ‘Seso’.

José Antonio Portela, ‘Seso’, veciño de Meiro e amigo da Fundación Matrix, axudounos con ferramentas e criterios durante sementeira, participando como uno máis. O seu exemplo e actitude foi observada e recoñecida polos mozos e mozas participantes, que escoitaban con atención. Aprender das persoas maiores axuda a lembrar de onde vimos. Contaba, por exemplo, que de neno consumía cos seus irmáns, como en moitos fogares humildes, as papas de millo galegas, un prato tradicional elaborado coa fariña máis fina do millo.

Seso explicou que o cultivo do millo está asociado ao minifundio galego, xa que a división de parcelas ao transmitilas aseguraba “que todos os fillos puidesen ter o pan para o ano”.

Seso cantando con Eva.

Eva Fernández, Traballadora Social e Educadora Social da Fundación Matrix, coordinou despois unha actividade participativa desenvolvida na Casa da Aldea de Meiro, edificio onde se situaba a antiga escola. Alí o colectivo celebrou unha reunión final para gozar dun refrixerio nun ambiente agradable. Seso arrincouse a capela cun romance do cantautor galego Suso Vaamonde. Despois Eva mesmo se uniu a Seso e as súas voces deleitaron ao son de cancións galegas.

Tras unha lectura participativa de frases sobre o millo, desde as súas lendas na cultura azteca á riqueza en compostos antioxidantes do millo corvo, rexistráronse os testemuños de emocións e detalles do evento para lembrar dos participantes mediante unha breve enquisa.

Aínda que algunha persoa sinalou a súa pena pola perda dos costumes e tradicións galegas, á vez manifestou a súa emoción e satisfacción por pertenza a “unha entidade e un grupo de persoas comprometidos pola recuperación de valores culturais e do millo”. As emocións positivas sentidas son “ilusión”, “entusiasmo”, “alegría”, “curiosidade”, “felicidade”, “amor”, “nerviosismo”, “motivación”, “compañeirismo”, “satisfacción”, “agradecemento”, “sensación de utilidade”, “contribuír ao cambio”, “estar presente no inicio dun proxecto prometedor”, “conexión coa tradición rural”, “volta ás orixes en familia” e “realización persoal”.

Un das mensaxes máis comúns que se destacan para lembrar é “traballo en equipo”. Outros afíns son: “participación colectiva”, “oportunidade de facer piña”, “participar diferentes especialistas da Fundación Matrix”, “bo ambiente grupal” e a “reunión final”. Algunhas persoas, en cambio, optaron por valorar máis “a paisaxe”, “o voo do dron”, “aprendizaxe sobre a vida rural”, “as nosas raíces están no rural”, “hai que valorar máis o medio rural”, e “maxia de compartir o sentir cultural e identitario”. Seso tamén é protagonista dos detalles para o recordo, varias persoas expresaron o seu aprecio polos seus “coñecementos”, “proximidade” e “simpatía”, e tamén “Seso cantando con Eva”.

A satisfacción da actividade de sementeira colectiva, inspirada nas actividades comunitarias colaborativas agrícolas de Galicia, alcanzou un valor media de 4,8, nunha escala de 5 puntos.

O clima de Galicia permite a sementeira do millo entre abril e maio. Depende da localización xeográfica e do clima local. A revolta do millo do proxecto AGRIECO cultiva máis de 20 variedades locais para avaliación agroecolóxica e multiplicación en Galicia, ás que se engaden outras variedades de millo doce. Ademais de Bueu, o proxecto desenvólvese noutros seis municipios de Pontevedra e Ourense.

Artigo divulgativo do proxecto de investigación AGRIECO, desenvolto no marco das subvencións do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico e do Programa INVESTIGO, no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia da Xunta de Galicia financiado pola Unión Europea – Next Generation EU, realizado pola Fundación Matrix, Investigación y Desarrollo Sostenible en colaboración coa Universidade de Vigo.

Proyecto de I+D AGRIECO: producción ecológica de maíz

Cultivo de maíz en Galicia: importancia estratégica y caracterización pionera de variedades tradicionales

Maíz dulce gallego: alimento ecológico, saludable y delicioso

Maíz dulce: un alimento ideal para personas mayores

El maíz dulce fresco de la Fundación Matrix gusta mucho, y es muy visible, en TikTok

Sin Comentarios

Publica un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, clicar el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies